Labarta Pose cultivou distintos xéneros literarios e fíxose un nome na prensa satírica española. Fundador de cinco cabeceiras, foi ademais un dos pioneiros da fotografía xornalística. En 1883 converteuse na primeira persoa que publicou unha foto na portada dunha publicación periódica galega, apuntou o catedrático de Electromagnetismo da USC, natural da mesma localidade que o homenaxeado. Mira lembrou así mesmo que foi un dos introdutores do fonógrafo en Galicia.
O Colexio de Fonseca acolle unha exposición sobre Enrique Labarta Pose
O claustro alto do Colexio de Fonseca acolle ata o vindeiro 1 de marzo unha exposición sobre o académico correspondente Enrique Labarta Pose (Baio, 1863 – Barcelona, 1925). O tamén membro correspondente da RAG Jorge Mira comisariou a mostra, que percorre a traxectoria vital do escritor e xornalista.