Foto de familia do alumnado do centro arxentino galego con Dolores Sánchez Palomino e persoal da Academia.
Fonte: RAG
Os estudantes puideron coñecer algunhas das edicións históricas custodiadas na biblioteca da RAG.
Fonte: RAG
A visita incluíu unha parada no arquivo para admirar algúns dos documentos máis antigos que conserva, producidos na Idade Media.
Fonte: RAG
Dúas alumnas observando cadros da colección da Academia.
Fonte: RAG
Franco Martínez entrégalle a Dolores Sánchez Palomino unha acuarela da artista arxentina Lara Palma.
Fonte: RAG
Dolores Sánchez Palomino interesouse pola relación dos estudantes coa lingua galega e Galicia, terra na que parte deles teñen as súas raíces. Pero neste centro educativo de Buenos Aires, dirixido polo académico correspondente Carlos Brandeiro, tamén aprenden o galego nenos e nenas, mozos e mozas de orixes moi diversas que contribúen a facer da nosa unha cultura máis universal.