Ivo Castro foi proposto polo departamento de Filoloxía Galega da USC en recoñecemento polo seu labor destacado entre o mundo académico portugués e a filoloxía galega. Por iniciativa súa, a Universidade de Lisboa acolleu unha activa Cátedra de Estudos Galegos que promoveu numerosas actividades e facilitou acordos entre institucións como o Centro de Lingüística da Universidade de Lisboa e o Instituto da Lingua Galega da USC.
A cerimonia de investidura de Ivo Castro e Mary Beard como doutores honoris causa terá lugar no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia ás 12:00 horas