Nace Como cho digo ;-)

A iniciativa, promovida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) ten como obxectivo aumentar a visibilización do galego nos medios de comunicación.
Imaxe do acto de presentación da campaña
Imaxe do acto de presentación da campaña


A campaña, presentada ao público o pasado martes 25, conta co apoio de numerosas figuras da cultura, a arte, o deporte e a comunicación do noso país, e pula por acadar unha maior visibilidade do galego nos medios, revertendo a práctica habitual de tradución a outras linguas de declaracións feitas orixinalmente na nosa lingua.

A páxina virtual de Como cho digo ;-) que se pode consultar aquí, permite, ademais de ampliar esta información, adherir esta campaña iniciada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua de xeito individual e colectivo.