A Sección de Historia da Real Academia Galega celebra o mércores 5 de novembro a xornada Momentos da cultura galega: Castelao en Buenos Aires.
Coordina e modera Ramón Villares
Henrique Monteagudo De 'Sempre en Galiza' a 'Alba de gloria'
Ángeles Tilve 'As cruces de pedra na Galiza: o cumio do Castelao investigador no exilio'
Xosé Manoel Núñez Seixas Castelao e a construción da "Galiza ideal" no exilio (1940-1950)
Proxección Castelao en Buenos Aires (Filmoteca de Galicia)
Momentos da cultura galega: Castelao en Buenos Aires é unha iniciativa da RAG organizada coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.



