Marilar Aleixandre, premio Porteiro Garea pola promoción do galego na universidade
A académica Marilar Aleixadre é a gañadora da última edición do Premio Luís Porteiro Garea da Universidade de Santiago en recoñecemento ao seu labor a prol do galego no ámbito universitario. Catedrática xubilada da Área de Didáctica das Ciencias Experimentais da mesma institución, a bióloga e escritora, natural de Madrid, fixo do galego a súa lingua de expresión profesional, literaria e vital dende a súa chegada a Galicia nos anos 70 do século pasado.