
Kathleen March reafirmou na súa intervención o seu compromiso cunha lingua da que ninguén lle falara antes de chegar a Santiago de Compostela a finais dos anos 70 e manifestou a súa satisfacción polo desenvolvemento do proxecto Seara, o portal de tradución da literatura galega ao inglés, que arrincou baixo a súa coordinación en 2023 co propósito de “crear seareiros, afeccionados á cultura na poboación anglofalante”.
Pola súa banda, Francisco Díaz-Fierros salientou que a tarefa primordial que se propuxo como membro do CCG foi a de “tentar clarificar e dotar de contido cultural a ciencia e a técnica galegas”. O científico foi o membro máis lonxevo do plenario do Consello, do que formou parte de forma interrompida durante 35 anos.


