IX Xornada de Onomástica Galega: os outros nomes

O ceo, os animais ou a intelixencia artificial son algúns dos eidos nos que se centrará a IX Xornada de Onomástica. Os outros nomes. O encontro organizado polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega desenvolverase o sábado 19 de outubro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico antes do 16 de outubro a publicacions@academia.gal cos datos que se indican no programa.

As Xornadas de Onomástica Galega son unha iniciativa da RAG desenvolvida coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.

Programa