Homenaxe a Franco Grande

A Real Academia Galega, a Editorial Galaxia e a Fundación Penzol renderanlle homenaxe o xoves 23 de outubro de 2025 a Xosé Luís Franco Grande (Tomiño, 1936 – Vigo 2020). As tres entidades coas que mantivo un estreito vínculo coorganizan o acto público que acollerá a Casa Galega da Cultura (Vigo). O programa inclúe a presentación de Un intre no tempo. Poesía reunida (1967-2017) , volume que reúne os catro poemarios que o académico de número publicou en vida.

Intervenientes
Manuel Puga, presidente do Padroado da Fundación Penzol
Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega
Antón Vidal Andión, presidente do consello de administración da Editorial Galaxia
Teresa Seara, editora de Un intre no tempo. Poesía reunida (1967-2017)
Navia e Rosalía Franco, fillas do homenaxeado