Ingreso de Ramón Villares
O 24 de novembro de 2006 celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela o acto de recepción de Ramón Villares como académico de número. O seu discurso de ingreso foi respondido por Víctor Freixanes en nome da Academia.

Dende a tribuna do paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, o secretario, Manuel González González, o arquiveiro-bibliotecario, Xosé Luís Axeitos Agrelo e o vicesecretario Salvador García-Bodaño Zunzunegui, presidiron a Sesión solemne.