Ingreso de Margarita Ledo

O 7 de febreiro de 2009 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela tivo lugar a recepción de Margarita Ledo Andión como membro de número da Academia. O seu discurso de ingreso foi respondido por Rosario Álvarez en nome da Academia.

O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, o secretario, Manuel González González, o arquiveiro-bibliotecario, Xosé Luís Axeitos Agrelo, e o vicesecretario Salvador García-Bodaño Zunzunegui, presidiron a Sesión solemne de recepción de Margarita Ledo Andión como membro de número da RAG.

Os académicos de número Darío Xohán Cabana e Ramón Villares Paz acompañaron á académica electa Margarita Ledo Andión, á súa chegada ao paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela.

Margarita Ledo Andión durante a lectura do seu discurso “Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega”.

A académica numeraria Rosario Álvarez Blanco foi a encargada de responder a Margarita Ledo.

A académica de número Margarita Ledo Andión