Capela ardente no Pazo Municipal da Coruña. (Arquivo RAG)
En palabras do expresidente da Academia, Xosé Ramón Barreiro, Manuel Murguía "era un home monotemático, non fixo máis que pensar e escribir sobre Galicia. Sempre botaba de menos a redención do seu pobo e comprendeu moi cedo que para ese fin era necesario comprometer os intelectuais galegos na tarefa".
Cortexo fúnebre pola Avenida da Mariña. (Arquivo RAG)
O Boletín da Real Academia galega do 1 de marzo de 1923, inclúe un extenso panexírico do Patriarca a cargo de Eladio Rodríguez, ademais dunha nota biográfica que tamén contén as condolencias recibidas tras o seu pasamento e unha relación detallada do seu funeral.