Manuel Martínez Murguía
Co gallo do seu décimo cabodano, a Academia, presidida entón polo lexicógrafo ourensán Eladio Rodríguez González, decidiu publicar un pequeno folleto en homenaxe ao Patriarca dispoñible, por primeira vez, para a súa descarga aquí.
A publicación consta de tres partes: a primeira, a cargo do propio Eladio Rodríguez, é un apaixonado panexírico do historiador arteixán definido en termos claramente mesiánicos como "Esperado", "Elegido" ou "Padre y Creador de la galleguidad contemporánea". A continuación, o académico José García Acuña pasa revista á produción poética murguiana no apartado intitulado "Murguía, poeta". O libro remata cunha Bibliografía na que se recolle toda a produción édita de Murguía.