Monseñor Araúxo Iglesias lendo o seu discurso de recepción
Miguel Araúxo Iglesias (Pereiro de Aguiar, 1920-Ourense, 2007) foi un dos principais propulsores da recuperación do uso do galego na igrexa do noso país. De feito, a cerimonia da súa ordenación como bispo da diocese Mondoñedo-Ferrol, en 1970, foi oficiada en galego por primeira vez na historia da nosa igrexa.
Araúxo Iglesias ingresou na Academia o 30 de maio de 1980 tomando posesión da cadeira que pertencera ao seu mestre no instituto en Ourense, Ramón Otero Pedrayo. No seu discurso de recepción, que se pode descargar aquí, o novo académico analiza a documentación emitida ao longo da historia polos sínodos da Igrexa de Mondeñedo, considerados polo autor "unha radiografía, moitas veces despiadadamente obxectiva, da vida real do pobo e do clero".
Ramón Piñeiro, encargado de dar resposta ao novo membro numerario en nome da Academia, salientou na súa alocución a importancia da introdución do galego nas cerimonias relixiosas como un factor máis no proceso de normalización e prestixio da lingua.