"Con esta iniciativa queremos seguir coa mellora das rúas da cidade e ao mesmo tempo poñer en valor un símbolo tan importante como a lingua galega", salienta o tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo.
A actuación terá lugar nas datas próximas ao Día das Letras Galegas 2021, de maneira que incluirá as palabras elixidas dende 2014 ata 2020: corrupción, refuxiados, irmandade, afouteza, deseucaliptización, sentidiño e nós.
A elección da Palabra do Ano realízase a través do Portal das Palabras, o proxecto para a difusión do léxico galego posto en marcha pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié.