As aldeas galegas: novas olladas

Conversas cruzadas

A Real Academia Galega celebra o xoves 4 de xullo a xornada As aldeas galegas: novas olladas. Conversas cruzadas, unha proposta, aberta a todo o público, do novo grupo de traballo Pensamento e Ensaio, constituído no seo da Sección de Literatura.

O encontro permitirá compartir e reflexionar acerca de iniciativas que procuran un modo de vida sostible no rural en termos sociais, persoais e ambientais da man da escritora e veterinaria María Sánchez, o arqueólogo Alfredo González Ruibal, a bióloga e gandeira Ana Corredoira e o arquitecto Iago Lestegás.

A tarde contará ademais coa música de Caamaño e Ameixeiras.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Programa