Fotogalería Arquivo

Castelao intervén na Semana de Galicia no Porto, 4 de abril de 1935.

O 5 de xuño de 1932 Castelao impartía no Salón Doré da Coruña a conferencia “Leria sentimental e humorística”, organizada polo Ateneo Santa Lucía. Na imaxe, sentados, Castelao, Manuel Lugrís Freire e o violinista Manuel Quiroga. De pé, entre outros, Antón Vilar Ponte, Plácido Castro, Ramón Vilar Ponte, Urbano Lugrís e Pedro Galán Calvete.

Homenaxe das Irmandades da Fala a Castelao en Lugo, 19 de xuño de 1932.

No centro, Manuel Rodrigues Lapa, Manuel Lugrís Freire e Castelao. Á esquerda deles, entre outros, Ramón Vilar Ponte, Francisco Fernández del Riego, Antón Vilar Ponte, Plácido Castro, Ramón Otero Pedrayo, Rodríguez Somoza, Manuel Beiras... Á dereita deles Ramón Suárez Picallo, Carlos Maside, Alexandre Bóveda...

Conferencia de Castelao en Lar Gallego de Oviedo, xuño de 1933.

Proposta de Castelao como académico de número da RAG, asinada por Marcelo Macías, Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo.

Recepción de Castelao como académico de número da Real Academia Galega, 25 de xullo de 1934. De pé, de esquerda a dereita Sebastián González, Eladio Rodríguez, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela, Celia Brañas Fernández, Ramón Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés. Sentados, Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Vilar Ponte e Félix Estrada Catoyra.

Mitin polo Estatuto de Autonomía de Galicia no teatro Rosalía de Castro da Coruña, 7 de xuño de 1936. Na mesa, Castelao sentado o segundo pola dereita.

Castelao (ca. 1931).

Retrato de estudio de Castelao cativo, con traxe e boina, posiblemente destinado a seu pai emigrado. (ca.1890).

Profecía em louvor de Castelao de A. Garibáldi (ca. 1950)

Homenaxe a Castelao no ano 1975 en Ourense. Díptico cun debuxo de Maside e textos de Uxío Novoneyra e Rosalia de Castro entre outros. Anverso

Homenaxe a Castelao no ano 1975 en Ourense. Díptico cun debuxo de Maside e textos de Uxío Novoneyra e Rosalia de Castro entre outros. Reverso

"A incorporación de Castelao a renaciencia galega" por Valentín Paz Andrade (setembro de 1981)

Artigo inédito de Valentín Paz Andrade destinado ao Boletín da Real Academia Galega que afonda no encaixe de Castelao no rexurdimento da lingua galega. Despois de analizar a influencia dos precursores na obra de Castelao, o autor destaca que o galeguismo activo que impregnou toda a obra artística e as accións persoais e públicas do xenial debuxante rianxeiro foi unha actitude vital; en palabras do propio Valentín : “Foi a chave do seu ser, dende que coma tal, tomou feitura.”

Acceda aquí ao documento completo.

Díptico da Homaxe de Galicia a Castelao en Rianxo, da Comisión prohomenaxe a Castelao, celebrada o 7 de setembro de 1975, co gallo do seu vinte e cinco cabodano. Entre as actividades organizadas destaca o descubrimento dun busto obra de Xosé Escudeiro Couceiro e doado polo Padroado da Cultura Galega en Montevideo, pola súa irmá Teresa Castelao. No díptico inclúese unha autocaricatura do rianxeiro, ademais da listaxe dos membros da Comisión e un fragmento do himno galego.

Díptico da mostra O teatro galego hoxe, pertencente ao ciclo homenaxe a Castelao organizado pola Agrupación Cultural “O Facho” en colaboración co grupo Teatro Circo. As xornadas celebráronse na Coruña do 7 ao 28 de febreiro, con actividades como conferencias e representacións teatrais, nas que interviñeron diversos persoeiros da cultura galega.

Inclúe a caricatura de Castelao por Maside, e as carautas de Castelao extraídas de Cousas.

Díptico da Mostra de cómic galego na Cruña. Homenaxe a Castelao, enmarcada na xeira de actividades que a Agrupación Cultural “O Facho” artellou para conmemorar o vinte e cinco cabodano do galeguista, en febreiro do 1975. O programa inclúe a caricatura de Castelao obra de Carlos Maside. Destaca tamén a mención á tradución de Astérix e Obélix feita por Eduardo Blanco Amor, dous anos antes da súa publicación pola editorial Galaxia.