A entrega do galardón á poeta e xornalista terá lugar o vindeiro día 2 de febreiro en Cinemar Films, o estudio cinematográfico de son fundado por Dolores Ben no ano 2006.
A Asociación de Produtoras Independentes recorda que Ana Romaní é unha recoñecida profesional da comunicación e “activista a prol dos medios públicos, da liberdade informativa e da defensa da cultura”. Entre outros galardóns aos que se suma agora o da Agapi, a académica foi recoñecida nos últimos anos co Premio Nacional de Xornalismo Cultural do Ministerio de Cultura (2018) e o Premio da Crítica de poesía en galego polo que é ata o momento o seu último poemario A desvértebra (2020).