O grupo de traballo Pensamento e ensaio celebra o martes 16 de setembro a xornada Achegas xurídicas a cuestións ambientais, un programa coordinado por Marilar Aleixandre e Celia Porto Pereira.
INTERVENCIÓNS
Consuelo Castro Rey. A paisaxe como categoría xurídica e a súa protección.
Alba Nogueira López. A protección ambiental na encrucillada global.
Luís Villares Naveira. A responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos na costa galega.
Beltrán Puentes Cociña. A economía circular: unha visión crítica do nobo paradigma do dereito ambiental galego.
Actuación musical de Faia Díaz.