As máis populares e cun maior peso de significado entrarán posteriormente nunha nova fase de votación na que se decidirá cal é a Palabra do Ano 2016. Na edición de 2015 a palabra escollida foi refuxiados e na de 2014, corrupción.
O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión da nosa lingua. O traballo conxunto entre ambas as dúas institucións permitiu tamén levar a cabo as últimas actualizacións do Dicionario da Academia, que permiten un uso máis personalizado e interactivo, e o desenvolvemento de aplicacións para empregalo desde teléfonos móbiles e tabletas con sistemas iOS e Android.