A Real Academia Galega celebra este venres o pleno extraordinario da elección da nova presidencia

A Real Academia Galega celebrará mañá, venres 4 de abril, o pleno extraordinario de elección da nova presidencia. O prazo de presentación de candidaturas concluíu coa de Henrique Monteagudo como única formalizada.

O candidato comparecerá este venres en rolda de prensa, ás 19:00 horas (aprox.), no salón real do pazo municipal de María Pita (A Coruña).

Os medios gráficos poderán tomar momentos antes imaxes da xuntanza do pleno, que se celebrará previamente no salón vermello.