A RAG recibe o alumnado do Santiago Apóstol de Buenos Aires: “Esta é tamén a vosa casa”

1/6

“A Real Academia Galega tamén é a vosa casa, fíxose coa axuda dos galegos da emigración”. O presidente da institución expresoulle con estas palabras ao alumnado do Instituto gallego Hispano Argentino Gallego Apóstol Santiago o vivo que segue o estreito vínculo que uniu historicamente a RAG con América. Henrique Monteagudo recibiu este xoves un grupo de estudantes deste emblemático centro educativo de Buenos Aires na sede temporal da Academia, no polígono de Pocomaco, á espera da próxima reapertura da súa sede na rúa Tabernas da Coruña, onde están a concluír as obras de rehabilitación integral.

O alumnado, de visita estes días en Galicia canda a psicopedagoga do colexio, Liliana Durand, e o profesor Sebastián Safier, coñeceu algúns dos fitos da historia da RAG e as súas principais funcións da man do propio Monteagudo. Tras as palabras de benvida do presidente, o persoal da RAG responsable da súa biblioteca, a colección e o arquivo amosoulle ao grupo de estudantes arxentinos algúns dos fondos que custodia a institución e a relevancia deste legado.