A RAG recibe o alcalde de Zas

O presidente da Real Academia Galega e a secretaria da institución recibiron este mediodía na sede temporal da institución o alcalde de Zas. A figura do escritor e xornalista Enrique Labarta Pose (Baio, Zas, 1863-Barcelona, 1925) centrou o encontro. Henrique Monteagudo e Ana Boullón manifestáronlle ao rexedor, Manuel Muíño, a disposición da RAG para valorar unha posible colaboración co Concello de Zas na organización dunha futura actividade de estudo e divulgación da figura e da obra de quen foi membro correspondente da Academia. 

Henrique Monteagudo, Manuel Muíño e Ana Boullón