Xaquín Loredo participou nunha mesa redonda de ideoloxías sobre o multilingüismo canda Carles Segura, catedrático de multilingüismo da Universitat d’Alacant; Sandra Monserrat, profesora de filoloxía catalá da mesma institución; e María Méndez Santos, organizadora do seminario e investigadora tamén na universidade anfitrioa. O sociolingüista centrou a súa intervención na evolución da conceptualización da diversidade lingüística dende os modelos bilingües ata á perspectiva plurilingüe actual.
Gabino Vázquez-Grandío levou ao seminario a comunicación titulada Do bilingüismo harmónico ao plurilingüismo. A pegada da política educativa nas ideoloxías lingüísticas en Galicia, na que abordou a evolución do modelo lingüístico na educación formal de Galicia, poñéndoa en relación cos cambios sociais e políticos, e mais os marcos ideolóxicos de cada momento histórico.