Defensor dunha arquitectura humanista ao servizo da sociedade, Andrés Fernández-Albalat dirixiu numerosos proxectos que o converteron nun referente imprescindible da Galicia contemporánea. A homenaxe celebrará a pegada cultural, profesional e persoal deste mestre da arquitectura galega a través das intervencións do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; Charo e Andrés Fernández-Albalat Ruíz, fillos do académico e xefa do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, respectivamente; Roberto Medín Guyatt, excolaborador de Albalat; Cristóbal Crespo González, director do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo (DPAUC) da UDC, do que o homenaxeado formou parte; e César Portela Jardón e Myriam Goluboff Scheps, exdocentes do mesmo departamento.
O programa, organizado pola RAG e a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, conta coa colaboración do DPAUC e asociación cultural Flor de Santiago.