A RAG e a Deputación de Lugo renovan o convenio de colaboración

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, a tesoureira, Marilar Aleixandre, e a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, asinaron a renovación do convenio de colaboración entre a RAG e o organismo provincial.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a deputada de Cultura, Pilar García Porto, asinando o convenio. Fonte: Deputación de Lugo


A Deputación de Lugo apoia distintas accións da institución para o fomento da lingua e da cultura galegas cunha achega anual de 9.000 euros.