Pola esquerda, o deputado Xosé Regueira; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e os membros da comisión executiva da RAG Margarita Ledo e Henrique Monteagudo
O secretario da RAG, Henrique Monteagudo, e a bibliotecaria-arquiveira, Margarita Ledo, foron recibidos na sede da Deputación da Coruña pola vicepresidenta, Goretti Sanmartín, e o deputado de Cultura, Xosé Regueira Varela para falaren da celebración do centenario da fundación das Irmandades. A primeira xuntanza que deu lugar a esta organización tivo lugar na daquela sede da Real Academia Galega, no número 38-1º da rúa Rego de Auga.