![](/documents/35271/437915/2022.05.02_01_01.jpg/14efdc0d-dc91-e587-86d5-3c8ecb819f5a)
A mostra foi organizada polas padroeiras da fundación Malós Cabrera e Malores Villanueva, coa colaboración do persoal técnico da Casa Galega da Cultura de Vigo e mais da Editorial Galaxia na preparación de parte dos materiais gráficos.
Alén de profundar na vida e na obra de Florencio Delgado Gurriarán, a exposición dedica unha das mesas nas que se organiza ao exilio galego en México, o país que acolleu o poeta valdeorrés xunto a outros galeguistas que tiveron que fuxir da súa terra tras a guerra civil.
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, visitou a mostra acompañado de Fancisco Domínguez e Xosé Manuel Soutullo, anterior e actual director da Penzol.