Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Lorena Bembibre é especialista en medicina familiar e comunitaria, traballa como médica de urxencias no CHUAC e está moi vencellada a proxectos solidarios internacionais. Na actualidade traballa nun proxecto médico en Senegal da man da ONG Ecodesarrollo Gaia e desenvolve tamén un destacado labor divulgativo a través das redes sociais como gran afeccionada á lectura que é.
A última última sesión do ciclo de conversas na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán terá como convidada, o 2 de decembro, a escultora e membro da Real Academia Galega de Belas Artes Soledad Penalta.