A exposición do centenario das Irmandades da Fala, a partir do 2 de decembro en Ferrol

A exposición do centenario das Irmandades da Fala Saúde e Terra irmá(n)s! será inaugurada este venres, 2 de decembro, no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, nun acto que empezará ás 19 horas. A mostra, coorganizada pola Real Academia Galega, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego, permanecerá neste espazo ata o vindeiro día 27, despois de pasar desde xuño pola Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo, e completando así un amplo percorrido polas principais localidades do país.

Saúde e Terra, irmá(n)s! ofrece unha viaxe pola historia dun movemento que marcou un antes e un despois na historia de Galicia, pioneiro na defensa do uso do idioma galego en todos os contextos. A exposición amosa unhas 130 pezas, documentos e primeiras edicións orixinais da época grazas á colaboración de distintas entidades. Poderá verse no centro cultural municipal ferrolán de martes a sábado de 11:30 a 13 horas e de 17:30 a 20:30 horas e os domingos, de 10 a 14 horas.

Pode descargar o folleto da exposición nesta ligazón.

Pode descargar o convite da inauguración nesta ligazón.