
A filla de Xohana Torres recolle o Premio da Cultura concedido á escritora a título póstumo. Fonte: Xunta de Galicia
A filla de Xohana Torres, Andrea Ellacuría, recolleu o premio concecido á escritora, lembrada en distintas ocasións ao longo da cerimonia. A académica de número foi distinguida na modalidade de Letras dos galardóns convocados pola Xunta de Galicia para apoiar a excelencia creativa. O xurado decidiu distinguir tamén a Berta Álvarez Cáccamo na modalidade de Artes Plásticas, Uxía Senlle na de Música, Óliver Laxe na de Audiovisual, o proxecto Apego na de Lingua, a Fundación Rosalía de Castro na de Patrimonio Cultural, Cristina Pato na de Proxección Exterior e Mabel Rivera na modalidade de Artes Escénicas. O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, foi o encargado de lle entregar á actriz o seu premio.