Pola esquerda, Marilare Aleixandre, Álvaro Santos Ramos e Víctor F. Freixanes
Víctor F. Freixanes e o deputado de Relacións Institucionais da Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, asinaron o convenio, por un importe de 9.000 euros, nun encontro no Pazo de San Marcos no que tamén participou a tesoureira da Academia, Marilar Aleixandre. "A Academia é unha institución con máis de cen anos de historia que ten a responsabilidade legal pola Lei de normalización lingüística de manter actualizada a lingua e en permanente estado de uso e de resposta", salientou Álvaro Santos Ramos. "É, por iso, o noso deber e estamos moi satisfeitos de contribuír ao mantemento das súas actividades como responsable do máximo patrimonio que nos identifica e que é o noso nexo de unión como colectivo ou sociedade, a lingua galega", concluíu.