Pola esquerda, os presidentes da Deputación da Coruña e da Real Academia Galega, Valentín Formoso e Víctor F. Freixanes, e o responsable da área de Cultura da Deputación, Xurxo Couto, na sinatura do convenio
Víctor F. Freixanes agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña coa programación da Academia e Valentín González Formoso gabou, pola súa banda, o "importante traballo" que a Real Academia Galega desenvolve na promoción da lingua e da cultura galegas. A axuda da Deputación céntrase especialmente, engadiu, no apoio ás actividades dirixidas ao público máis novo e ás persoas de fóra de Galicia interesadas pola lingua do país.