A National Association for Research in Science Teaching (NARST) distinguiu a Marilar Aleixandre co Premio á Contribución Sobresaliente á Investigación 2019, o que a converte na primeira persoa española e a quinta europea en recibilo. A asociación recoñece anualmente a traxectoria dunha figura que "por medio da investigación, durante un período extenso, fixo contribucións continuadas e sobresalientes, forneceu de notable liderado e tivo un impacto substancial na área de didáctica das ciencias". O galardón será entregado o 31 de marzo no congreso anual da NARTS, que se celebrará en Baltimore.
Entre as achegas de Marilar Aleixandre neste campo, salienta a súa condición de primeira autora dun dos artigos pioneiros na investigación sobre argumentación e uso de probas en ciencias, "Doing the lesson or doing science: Arguments in high school genetics". Publicado na revista Science Education no ano 2000, é o traballo científico máis citado de educación de autoría española.