A académica de honra María Rosa Lojo ingresa na Academia Nacional de Ciencias de Buenos Aires
A académica de honra da RAG María Rosa Lojo ingresou o pasado 17 de novembro na Academia Nacional de Ciencias de Buenos Aires como membro titular. A escritora, unha das principais voces da literatura arxentina contemporánea, pronunciou o discurso titulado A ciencia das letras para un país imaxinado, no que lembrou as súas raíces galegas, que tanto marcaron a súa produción literaria.
María Rosa Lojo incorpórase á Academia Nacional de Ciencias de Buenos Aires a proposta de Bauzá e García Bazán, catedráticos do Conicet e referentes no campo da filosofía e dos estudos clásicos, e faino pasando a formando parte da súa sección de Filosofía, Educación e Letras.
María Rosa Lojo pronunciando o seu discurso de ingreso na Academia Nacional de Ciencias de Buenos Aires