María Mariño
Ano 2007
María Mariño
A poeta noiesa fixo do Courel o seu universo vital e literario.
Foto de grupo no Courel, con Novoneyra e Manuel María.
A paisaxe e a dor existencial son dúas constantes na súa creación.
María Mariño no Courel en 1960, acompañada de Manuel María e de Uxío Novoneyra. Colección de Manuel María e Saleta Goy.
Detalle da capa de "Palabra no tempo" con limiar de Otero Pedrayo. Editado por Celta en Lugo. 1963.
Retrato de María Mariño publicado na revista Céltiga
Biografía
María Mariño Carou, unha das poetas máis relevantes do noso século XX, naceu en Noia o 8 de xuño de 1907.
Os seus pais, Xosé María Mariño Pais e Filomena Carou Lado tiveron cinco fillos, dos que María é a segunda. Pasou a súa infancia e mocidade en Noia, sempre salvando as dificultades económicas da familia. Aí recibiu os primeiros estudos e axiña comezou a traballar como costureira.
Trasladouse, xa en 1926, a Escarabote (Boiro) e alí puido acceder a algunhas lecturas na biblioteca do Pazo de Goián, onde unha tía súa traballaba como cociñeira. Neste mesmo ano viaxou a Algorta (Euskadi), onde vivía unha irmá súa e onde viviu o estoupido da Guerra Civil. Trala conquista desa zona polas tropas franquistas, regresou a Escarabote. Alí coñeceu ao mestre compostelán Roberto Posse Carballido, co que casou en Boiro o 31 de maio de 1939. No curso 1945-1946 o matrimonio marchou a Arzúa e, despois, a Elantxove (Euskadi), debido a un destino do seu home. O 6 de outubro de 1946 regresou a Galicia para dar a luz un fillo, Roberto, que morreu o 10 de outubro dese mesmo ano.
No curso seguinte, 1946-1947, o seu marido foi destinado a Romeor, no Courel. O 29 de marzo de 1947 faleceu a nai de María Mariño e, posteriormente, morreron os seus irmáns varóns. Nese momento, por consello médico, trasladouse a Parada do Courel a causa da depresión nerviosa que lle provocaran estas perdas. En outubro de 1947 instalouse definitivamente en Parada do Courel e iniciou a súa fonda amizade con Uxío Novoneyra e a súa familia. Agás algunhas estancias vacacionais en Noia, Monforte de Lemos e A Coruña, viviu sempre en terras courelás.
Entre 1958 e 1963 escribiu o seu libro Palabra no Tempo e, tres anos despois, enfermou de leucemia e comezou a escribir Verba que comenza. O 19 de maio de 1967 faleceu por mor da enfermidade que padecía. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Seoane do Courel.
Obra
En galego
- Palabra no tempo: 1958-1963. Lugo: Ediciones Celta, 1963.
- Verba que comenza: marzo 1966 - marzo 1967. Noia: Concello de Noia, 1990.
En castelán
- Los años pobres. Memoria de guerra y posguerra. Obra desaparecida que se coñece só a partir da mención de Uxío Novoneyra.
- Más allá del tiempo. Lugo: Alvarellos, 1965.
Compilacións e obras sobre a autora
- NOVONEYRA, U.
"Inéditos de María Mariño", en Trabe de Ouro, nº 2, 1990, pp. 295-296
- BLANCO, C.
"A lingua poética de María Mariño", Festa da palabra silenciada, nº 21, 2006, pp. 11-16.
- NOGUEIRA, Mª.X.
"María Mariño Carou, un fenómeno de recepción", Festa da palabra silenciada, nº 21, 2006, pp. 32-42.
- PATO, Mª.X.
"Verba que comeza: unha escrita xenesíaca", Festa da palabra silenciada, nº 21, 2006, pp. 50-53.
- RÁBADE VILLAR, Mª do C.
"Arpa de dúas cordas?: imaxinación e sentimento na poesía de María Mariño", Festa da palabra silenciada, nº 21, 2006, pp. 17-27.
- ROMANÍ, A.
"María Mariño, terra de sin pisadas", Festa da palabra silenciada, nº 21, 2006, pp. 29-31.
- VÁZQUEZ VÁZQUEZ, P.
"María Mariño, espello no serán", Festa da palabra silenciada, nº 21, 2006, pp. 43-49.
- AGRAFOXO PÉREZ, X.
Biografía de María Mariño. Vigo: Galaxia, 2007.
- ÁLVAREZ BLANCO, R.
"María Mariño: noiesa do Courel, dinamiteira da fala", A Trabe de ouro, nº 71, 2007, pp. 121-124.
- BLANCO, C (coord.)
María Mariño: Día das Letras Galegas 2007. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007.
- BLANCO, C.
María Mariño: vida e obra. Vigo: Xerais, 2007.
- BLANCO, C.
"O misterio María Mariño", Grial, nº174, pp. 120-129.
- CABANA YANES, D.X.
"María Mariño é ela", A Trabe de ouro, nº 71, 2007, pp. 11-115.
- CASTRO, X.
"Palabra e verba: abalo e dabalo vital en María Mariño", Barbantia: anuario de estudos do Barbanza, nº 3, 2007, pp. 191-200.
- GARCÍA NEGRO, P.
María Mariño no ronsel das escritoras galegas. Bertamiráns: Laiovento, 2007.
- MARIÑO DÁVILA, E.
"A cuestión da lingua en María Mariño", Barbantia: anuario de estudos do Barbanza, nº 3, 2007, pp. 201-208.
- MARIÑO DÁVILA, E.
'Diccionario' María Mariño. Santa Comba: tresCtres, 2007.
- MÉNDEZ FERRÍN, X.L.
"María Mariño", ATrabe de Ouro, nº 71, 2007, pp. 117-120.
- MOURE, T.
"Literatura e mulleres", Barbantia: anuario de estudos do Barbanza, nº 3, 2007, pp. 209-220.
- QUEIZÁN, Mª.X.
"María Mariño do humor da nada ao valor da palabra", Barbantia: anuario de estudos do Barbanza, nº 3, 2007, pp. 221-230.
- RIVEIRO COELLO, A.
"María Mariño: O Courel e a dor na paisaxe", Barbantia: anuario de estudos do Barbanza, nº 3, 2007, pp. 271-275.
- VALCÁRCEL GUITIÁN, D.
"O oxímero em María Mariño", Agália, nº 89-90, pp. 185-193.