Xaquín Lorenzo, Xocas

Ano 2004

Xaquín Lorenzo, Xocas

1/4

Biografía

Xaquín Lorenzo naceu o 23 de xuño de 1907 na rúa da Paz en Ourense, xusto en fronte da casa na que anos antes naceran Vicente Risco e Otero Pedrayo. Seu pai, José Laurentino Lorenzo Álvarez, xornalista e debuxante estudara Dereito na universidade compostelá, aínda que nunca exerceu esta profesión. Súa nai, Xoaquina Fernández Barcia, procedía de Vigo.

Os primeiros anos da súa vida transcorreron na casa familiar con seu pais e seu irmán Xurxo, nado tres anos despois ca el. Tamén serán frecuentes as estadías na casa dos avós paternos, en Facós e en Vigo, na casa dos avós maternos.

As primeiras letras e os primeiros números non os aprenden os dous irmáns na escola, será no seo familiar e da man de seus pais. Eles foron os que se encargaron da formación intelectual dos fillos ata que comezaron na escola rexentada por Amador e Saturnino Villar, xa tiña para daquela Xaquín 8 anos, segundo testemuño de súa nai. No curso 1917-1918 comezou a súa andaina como estudante de bacharelato no Instituto de Ourense e xa nos últimos cursos recibiu clases de Otero Pedrayo, quen tras gañar a cátedra de Xeografía e Historia e despois de pasar por Burgos e Santander se traslada a Ourense. En xuño de 1923 acadou o grao de bacharel e matricúlase por libre en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago.

Neste mesmo ano un suceso lutuoso sacode a familia, seu pai morre de repente o 25 de novembro. Pouco tempo despois súa nai ten que trasladarse á Arxentina por mor dos problemas xurdidos co administrador dos bens alén do mar e os dous fillos quedan cos avós, Xaquín en Lobeira e Xurxo en Vigo, aínda que trala morte da avoa de Lobeira Xaquín vese obrigado a trasladarse a Vigo. Estas circunstancias inflúen negativamente nos estudos de Xaquín, en 1926 matricúlase no acceso á carreira de Dereito, pola que tampouco amosa moito interese.

No curso 1931-1932 matricúlase por primeira vez por oficial na universidade e elixe a especialidade de Historia, canda el tamén o fai seu irmán Xurxo, que xa iniciara os seus estudos en Madrid. Porén, o enfrontamento entre os profesores e os alumnos galeguistas, fundamentalmente os pertencentes ao Seminario de Estudos Galegos, entre os que estaban os dous irmáns abondo xa coñecidos polos seus traballos, provoca que ambos os dous teñan que trasladar o seu expediente a Zaragoza para poder continuar cos estudos. Ao pouco de chegar á cidade aragonesa, o 3 de abril de 1934, morre Xurxo vítima dunha septicemia. Xaquín, despois das exequias de seu irmán, regresa a Zaragoza e acada a licenciatura en Filosofía e Letras.

Dos anos de universitario son as súas primeiras publicacións e tamén o contacto co Seminario de Estudos Galegos no que ingresou como "socio aitivo" cun traballo sobre o carro galego, o 1 de maio de 1926. Xaquín traballou fundamentalmente nas seccións de Etnografía e Folclore, dirixida por Risco e na de Prehistoria, dirixida por Cuevillas. Participou en distintas campañas promovidas polo Seminario como a catalogación de castros, o estudo de distintas localidades (Velle, Calvos de Randín), e tamén cos seus propios traballos de investigación, que en moitos casos verán a luz na revista Nós. A súa tarefa non só incluía estudos, estivo moi implicado no proxecto de creación dun Museo de Galicia, proxecto que esmorece coa guerra e que aínda que tardiamente verá cumprido coa creación do Museo do Pobo Galego, do que será presidente. As tarefas organizativas dentro do Seminario tamén contaron coa súa presenza e desde case o momento do seu ingreso ocupou distintos cargos, foi membro da Comisión directora (1932-1933), Conservador do Museo (1932) e desde 1934 e ata a súa desaparición, conselleiro permanente da Institución.

Nestes anos mozos tamén participa na vida política do país, en 1930 foi nomeado secretario terceiro da Irmandade Galeguista de Ourense e un ano despois apoiou o Manifesto do Partido Nazonalista Republicán, formación na que estaban Risco, Otero Pedrayo, ou Cuevillas entre outros e que logo, xunto con outros grupos, constituirían o Partido Galeguista que a finais deste mesmo ano xa comezaba a agromar. Xaquín Lorenzo sempre se considerou un dos fundadores e participou en mitins, conferencias e traballou a prol do Estatuto de Autonomía.

A sublevación do ano 36 colle a Xaquín Lorenzo con 29 anos, o 1 de agosto foi chamado para incorporarse ao exército aínda que poucos días despois, o día 12 dese mesmo mes cae gravemente ferido en Villablino e ten que ser trasladado ao hospital de León. A consecuencia deste incidente declarárono inútil para o exército e o 29 de decembro de 1937 volveu definitivamente para a casa.

Finalizada a contenda foi nomeado profesor interino de Xeografía e Historia no Instituto de Ourense, ocupou o posto de Otero Pedrayo, apartado da cátedra desde 1937. A súa filiación galeguista non permitiu que seguise no ensino público e no curso 1942-1943 xa forma parte do claustro de profesores do colexio privado Cardenal Cisneros, do que chegou a ser copropietario e director e no que permaneceu ata a súa xubilación en 1981.

As novas Institucións nacidas trala confrontación contan coa súa colaboración así, aínda que non forma parte do Instituto Padre Sarmiento participa con varios traballos na súa revista Cuadernos de Estudios gallegos. Tamén colaborou na Comisión Provincial de monumentos Históricos y Artísticos de Ourense na que se encargou de sacar adiante o Boletín. Foi membro do Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Colaborou coa Coral de Ruada da que foi asesor desde 1947.

O seu labor de etnógrafo e arqueólogo segue paseniño desde a fin da confrontación e percorre Galicia na busca de datos para os seus estudos; o mar, a terra, os oleiros, os cesteiros, o carro, o xugo, os xogos e cantigas populares estarán presentes na súa obra.

Pouco a pouco comezou a época dos recoñecementos, o 16 de setembro de 1951 en Celanova e coincidindo co centenario do nacemento de Curros ingresou como Académico Numerario da Real Academia Galega cun discurso sobre a casa galega que foi contestado en nome da Corporación por Ramón Otero Pedrayo.

Dez anos despois foi distinguido coa Encomenda de Afonso X o Sabio, neste mesmo ano tamén recibiu a distinción de Colexiado Distinguido polo Consello Nacional de Colexios Oficiais de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras. Formou parte do Pedrón de Ouro desde a súa constitución en 1965. Pero quizais sexa en xullo de 1976 cando vexa cumprida unha das arelas máis cobizadas, a constitución do Padroado do Museo do Pobo Galego, do que foi elixido presidente.

En 1982 concedéuselle o Premio Otero Pedrayo, en 1983 foi nomeado Presidente de Honra do Pedrón de Ouro e fillo Predilecto da Provincia de Ourense. En 1984 recibiu a Medalla Castelao. No ano 1989 foi homenaxeado no Colexio Público de Bande que desde esta data leva o nome de Xaquín Lorenzo. Organismos públicos e privados réndenlle diversas homenaxes a este ilustre persoeiro nas últimas décadas.

Despois dunha vida dedicada á arqueoloxía, á etnografía, á historia e a tantas outras disciplinas, Xaquín María Perfecto Lorenzo Fernández, Xocas, como lle chamaban os seus amigos, morreu na súa casa de Lobeira o 18 de xullo de 1989.

X. Manuel González Reboredo sobre Xocas.

Obra

Libros

- A arte popular nos xugos de Galicia. Porto: Imprensa Portuguesa, 1935.
- A Casa. Vigo: Galaxia, 1982.
- As casas dos mortos. Lisboa: Junta de Investigações do Ultramar, 1965.
- A muller no cancioneiro galego. Santiago de Compostela: Nós, 1932.
- A Nosa Señora do Viso. Trasalba: Fundación Otero Pedrayo, 1983.
- A terra. Vigo: CRTVG-Editorial Galaxia, 1982.
- Cantigueiro popular da Limia Baixa. Vigo: Galaxia, 1973.
- Da casa rural á casa vilega. Vigo: Galaxia, 2004.
- Enredos. Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 1992.
- O carro no folclore de Galicia. Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 2003.
- O Mar e os Ríos. Vigo: Galaxia, 1982.
- O mar terra adentro. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2004.
- Os oficios. Vigo: CRTVG-Galaxia, 1995.
- O Tardo: (Notas de mitología popular galega). Porto: Imprensa Portuguesa, 1934.
- Refraneiro galego. Vigo: Castrelos, 1983.
- Vila de Calvos de Randín. Notas etnográficas e folkóricas, en colaboración con F. López Cuevillas. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos, 1930.
- Xaquín Lorenzo. De varia etnográfica. A Coruña: La Voz de Galicia, 2004.

Artigos

"A arte popular nos xugos da Galiza", en Trabalhos da Sociedade portuguesa de Antropologia e Etnologia, VII, Porto, 1935, pp. 209-230.
"A eirexa de Santa María de Mixós, encrucillada de tres estilos", en Congresso luso-espanhol de Estudos Medievais, Porto, 1968, p.298.
"A fala galega", en El Pueblo Gallego, Santiago, 8 de setembro 1926.
"A muller no cancioneiro galego", en Nós, 98, 99 ("proseguimento") e 100 ("remate"), Compostela, 15-II, 15-III e 15-IV-1932; pp.26-30, 43-48 e 66-69.
"A Nosa Señora do Viso. Unha romaxe antre outras moitas", en Outeiro, A Coruña, 1986.
"A prosa de Cuevillas", en Outeiro, A Coruña, 1986.
"A ramboia", en Boletín Auriense, XII, Ourense, 1982, pp. 229-233 // en Gallaecia nº 7-8, Departamento de Prehistoria e Historia Antiga da Facultade de Xeografía e Historia, Santiago de Compostela, 1982, pp. 275-278.
"Antiguas habitaciones de pastores en la Sierra de Leboreiro", en Cuadernos de estudios gallegos, II, Compostela, 1947, pp.341-361.
"Arqueología prehistórica y romana de Orense", en La Región, Ourense, 29 de xuño de 1980.
"Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Os tres irmaus; Os labregos e o xuez", en Nós, 42, A Coruña, 15-VI-1927, pp. 13-14 .
"Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Mediciña rústica (O tangaraño, O tiricó, Doores de costas). Contos (Bodas no ceo, O home e a cobra)", en Nós, 44, A Coruña, 15-VIII-1927, pp. 12-13.
"Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Un casamento en Lobeira", en Nós, 58, A Coruña, 15-X-1928, pp. 186-188.
"Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Apuntes de Geografía lexigráfica galega. Algunhas verbas d' usanza corrente en Lovios (Ourense)", en Nós, 71, A Coruña, 15-XI-1929, pp. 205-206.
"Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: A lenda da hermida de Aranga", en Nós, 99, Compostela, 15-III-1932, p.49.
"Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Do cancioeiro de Borneiro (Cabana)", en Nós, 108, Compostela, 15-XII-1932, pp. 229-230.
"Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Papeletas pra un diccionario", en Nós, 121, Compostela, 15-I-1934, pp. 14-16.
"Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Notas encol do Antroido en Lobeira", en Nós, 124-125, Compostela, abril-maio, 1934, pp. 91-92
"La Arracada posthallstathica de Irixo", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XIV, Ourense, 1944, pp. 127-136.
"As bandas de música volven", en Homenaxe ás bandas de música galegas, Compostela, 1986.
"As casas dos mortos", en Actas do Congresso Internacional de Etnografia, Lisboa, 1965, pp. 1-5.
"As dornas do Porto do Són", en Nós, Ano XVI, T.VI, núm. 126-127, Vigo, 1934, pp.109-116.
"A Seición de Etnografía do Seminario de Estudos Galegos", en Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos, Cuadernos do Laboratorio de Formas de Galicia, 5, Ediciós do Castro, A Coruña , 1978, pp. 48-52.
"As festas populares do 3 de Maio en Laza", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, VII, Compostela, 1936, pp. 57-82.
"As pontes na tradición popular galega" en A inxeñería histórica como patrimonio monumental: Actas do I Seminario, Santiago de Compostela, outubro 1985, pp. 101-103.
"As ruadas", en Rubillón 84. Festa grande no honor da Virxe do Libramento, Rubillón-Avión, 1984.
"A vivenda e a terra", en Alternativas estruturais e producións agrícola-gandeira, A gandeiría, a pataca, o viño, Cuadernos da área de Ciencias Agrarias, 8, Seminario de Estudos Galegos, A Coruña, 1988, pp. 6-9.
"As xoias de Regodeigón" [en colaboración con M. Rubén García Álvarez], en Revista de Guimarães, 1956, pp. 90-96.
"A Xuno de Freixido" en Boletín da Real Academia Galega, núm. 309-320, T.27, A Coruña, 1956, pp.288-290.
"Bibliografía" [de Aureliano Pardo Villar], en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XIX, Ourense, 1958, pp. 9-13.
"Bibliografía" [de Florentino López Cuevillas], Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XIX, Ourense, 1960, pp. 49-59.
"Cando estiña unha fonte", en Ánfora: literatura, arte, pensamento, núm. 3-4, Verín, 1985, pp. 11.
"Castelao" en A Nosa Terra. Extra núm. 5/6, pp.11, Vigo, 1986 .
"Castro de Cameixa : campañas 1944-46", en Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico-Artístico, Santiago de Compostela, 1986.
"Cen anos de Cuevillas", en La Voz de Galicia, A Coruña, 1986.
"Censo del Coto de Celme en 1737", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, Ourense, 1939, núm. 244, pp.53-65; núm 245, pp. 5-12.
"Cerâmicas castrexas pintadas", en Revista de Guimarães, LXVI, Guimarães, 1956, pp. 125-140.
"Cierres de fincas en el SE. de Orense (Galicia)", en Homenaje a Fritz Krüger, Universidad Nacional de Cuyo, Facultad de Filosofía y letras, Mendoza (Arxentina), 1952, pp. 175-185.
"Cuatro peñas con pilas, en el sur de Galicia" [en colaboración con López Cuevillas], en Cuadernos de estudios gallegos, T.7, pp.5-54, 1952.
"Cuevillas, etnógrafo", en Homaxe a Cuevillas, Editorial Galaxia, Vigo, 1957, pp. 135-138.
"De como se han de cociñar as sardiñas" en Gaiteiro de Lugo, outono 1997-outono 1998, pp. 46-47.
"Deidades marinas en el Orense romano", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, Ourense, 1960, pp. 63-70.
"Dende o ceo de monterrei. Páxinas verinenses", en Ánfora: Literatura, arte, pensamento, Verín, 1985.
"De Re Geographica. Os mapas, o nomenclátor e a realidade", en Heraldo de Galicia, Ourense, 2 de decembro de 1935.
"Desde a solana" en Anduriña [Lar Gallego (Sevilla)], núm. 24, pp.12-13, xullo 1996.
"Distribución dos xugos na Galiza" en Asamblea Lusitano-Gallega, Braga, 1955 // 1ª e 2ª Asambleas lusitano-gallega: Actas y Comunicaciones, Editorial Nacional, Madrid, 1967, pp.61-63.
"Do noso antroido: os escabicheiros" en Brigantium, Vol.3, 1982, pp.265-269.
"Don Vicente Martínez Risco y Agüero", en Boletín de la Real Academia Gallega, XXX, A Coruña, 1969, pp. 261-265.
"Dos necrópolis dolménicas", en Cuadernos de Estudios Gallegos, Vol.13, 1958, pp.284-291.
"Dos necrópolis posiblemente suévicas", en Noticiario Arqueológico Hispánico, VI, Madrid, 1964, pp. 200-201.
"Dos obras de Ventura Álvarez Sala", en Boletín del Instituto de estudios Asturianos (BIDEA), 67, Oviedo, 1969, pp. 305-308.
"D. Vicente Martínez-Risco y Agüero", en Bisbarra: revista cultural dos concellos de Amoeiro, A Peroxa, Cea, Coles, Piñor e Vilamarínnúm. 1 Ourense, 1984, pp. 19-20.
"El carreto en la Limia Baixa", en Boletín Auriense, Ano 4, T.4, 1974, pp.159-166.
"El carro en el floklore de Galicia", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, Madrid, Tomo XXX, Cuardenos 1-2, 1974, pp. 43-76.
"El carro en el floklore gallego", en Anales del Instituto de Lingüística, Universidad Nacional de Cuyo, VI, Mendoza (Arxentina), 1957, pp. 311-324.
"El monumento funerario protohistórico de Augas Santas y los ritos funerarios en los castros", en Cuadernos de estudios gallegos, III, fasc.?, Compostela, 1948, pp. 157-211.
"El símbolo solar en el NW. de la Península", en Actas do Congresso nacional de Ciências da População, II, Porto, 1940, pp.1-10
"El sobrado", en Boletín Auriense, Ano 6, T.6, 1976, pp.305-318.
"Embarcacións: notas pra un cuestionario de etnografía" en Nós, Santiago de Compostela, 1933 .
"Estela funerária de Flor de Rei Vello", en Arqueologia e História, VIII, Lisboa, 1958, pp. 27-29.
"Etnografía. Cultura material" en Historia de Galiza, Akal, Madrid, 1979-1980.
"As Embarcacións tradicionais de Galicia" [en colaboración con Luís Calvo González] en Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1994.
"Enredos" en Revista de Dialectología y Tradiciones populares, Madrid, 1958.
"Estela funerária de Flor de Rei Vello", en Arqueologia e História, VIII, Lisboa, 1958, pp. 27-29.
"Excavaciones arqueológicas en el castro de Cabanca (Campaña de 1961)", en Noticiario Arqueológico Hispánico, VI, Madrid, 1964, pp. 129-134.
"Excavaciones en el Castromao. Celanova (Orense)", en Noticiario Arqueológico Hispánico, Madrid, 1976, pp. 348-354 .
"Florentino López Cuevillas", en Zephyrus, Universidad de Salamanca, IX, 1958, p.246.
"Fray Aureliano Pardo Villar, O.P. (1882-1957)", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XIX, Ourense, 1958, pp. 2-7.
"Inscripciones romanas funerarias, varias no clasificadas, falsas e inexistentes de la provincia de Orense", en Cuadernos de estudios gallegos, T.20, fasc.62, 1965, pp.261-291.
"Inscripciones romanas de Galicia, IV. Provincia de Orense", en Cuadernos de estudios gallegos, XIX, Compostela, 1964, pp. 267-304.
"Inscripciones romanas votivas de la provincia de Orense", en Cuadernos de estudios gallegos, T.20, fasc.61, 1965, pp.127-179.
"Introducción ó estudio dos hórreos en Galicia", Actas del primer Congreso Europeo del Hórreo, Editorial Compostela-El Correo Gallego, Santiago de Compostela, 1990, pp. 291-293.
"La arracada posthallstática de Irixo", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XIV, Ourense, 1944, pp.127-136.
"La capilla visigótica de Amiadoso", en Archivo Español de Arqueología, XXVI, Madrid, 1953, pp. 424-433.
"La capilla y santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Orense", en Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense, 1, Ourense, 1943, pp. 5-68.
"La escultura céltica en Galicia", apéndice do libro 7 Artistas gallegos, Festivales de España. Cuadernos de arte-Publicaciones Españolas, núm. 29 da serie "Divulgación", Madrid, 1965.
"La iglesia de San Martiño de Pazó", en Cuadernos de estudios gallegos, T.20, fasc.61, 1965, pp.180-192.
"La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós", en Boletín Auriense, Ano II, T.2, pp.75-110, Ourense, 1972.
"La tessera hospitalis del Castromao", en Boletín Auriense, Ano I, Tomo I, Ourense, 1971, pp. 9-18.
"Las habitaciones de los castros", en Cuadernos de estudios gallegos, II, Compostela, 1947, pp. 7-74.
"Lembranza de Don Xaquín Lorenzo Fernández" en Simposio Internacional in Memoriam Xaquín Lorenzo, Ourense, pp.13-19, Outubro 1994
"Lembranzas de nenez" en Raigame, núm. 9, decembro 1999, pp. 86-94.
"Lembranza de Otero en Ourense" en Dorna, núm. 4, 1982, pp.13-14.
"Limiar", en Blas, B. As construccións populares: un tema de etnografía, 1983.
"Limiar", en Fraguas, A. Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985.
"Limiar de Arquitectura Popular en Galicia", en Publicacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1981-1983.
"Limiar de Ribadavia en el recuerdo", Servicio de Publicacións da Diputación Provincial de Ourense, 1987.
"María, nai e señora" en Encrucillada, núm. 67, vol.14, marzo-abril 1990, pp.142-144
"Los muebles en la casa campesina gallega: utilidad y comodidad", en La Región, 28 de outubro de 1984
"Los silos de Villacañas (Toledo)", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, V, Madrid, 1949, pp. 420- 434.
"Metamorfosis dunha casa castrexa" , en Trabalhos de Antropologia e Etnologia, XXII, Porto, 1973, pp. 225-229.
"Miscelánea: nobles que defenderon a raia portuguesa antre o Limia e o Miño no ano de 1762", en Nós, 131-132, Compostela, novembro-decembro, 1934, pp. 186-187.
"Muestras de religiosidad popular. Los ex-votos como testimonio de una devoción", en La Región, Ourense, 9 de xuño de 1955.
"Muíños de maré", Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia. Homenagem ao prof. Dr. Mendes Corrêa, XVII, Porto, 1959, pp. 249-255.
"Nomenclatura del carro gallego", en Revista de Dialectología y Tradiciones populares, XII, Madrid, 1956, pp.54-113.
"Notas arqueolóxicas do castro de Cameixa", [en colaboración con Florentino López Cuevillas], en Revista de Guimarães, LVIII, Guimarães, 1948, pp. 288-305.
"Notas etnográficas da parroquia de Borneiro", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, VII, Compostela, 1936, pp. 17-39.
"Notas etnográficas da Terra de Lobeira: o liño e a lá", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, T.6, 1933-1934, pp.24-84.
"Notas etnográficas de la parroquia de Borneiro", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XIII, Ourense, 1942, pp. 183-203.
"Notas lingüísticas gallegas", en Revista de Dialectología y Tradiciones populares, IV, Madrid, 1948, pp. 79-93
"Notas pra un cuestionario de Etnografía. Embarcacións", en s, 111, Compostela, 15-III-1933, pp. 49-52.
"Nuevos materiales de mámoas del Valle Alto del Banbantiño", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XX, Ourense, 1960, pp. 63-70
"O amor á terra na irmandade dos 'bos e xenerosos'", en Anduriña, Compostela, 1986.
"O combarrizo", Boletín del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia, 6, Santiago de Compostela, 1977, pp. 3-9.
"O culto das pedras no noroeste peninsular", en Real Academia Galega, A Coruña, 1965.
"O esprito da mes en Lobeira (Ourense)" en Cuadernos de estudios gallegos, T.28, fasc.86, 1973, pp.345-351.
"O liño e a lá", en Imprenta Paredes, Santiago, 1933.
"O mar terra adentro", en Revista de Etnografía, XXV, Porto, 1969, pp. 105-112.
"O mazo, a trompa e a moa", en Congreso de Etnografia e Folclore, Braga, xuño 1956 // Junta da Acção Social, vol.II, Lisboa, 1963, pp.175-181.
"O Ourense da xuventude de Otero Pedrayo", en Citania: número extraordinario adicado a Ramón Otero Pedrayo, núm. 2, Instituto Ramón Otero Pedrayo, Ourense, 1988, pp. 13.
"O outro mundo na tradición popular galega", en Lumieira, 1988.
"O pastoreio na serra do Leboreiro", en Imprensa Portuguesa, Porto, 1959 // Sep. Actas do Colóquio de Estudos Etnográficos, Dr.José Leite de Vasconcelos, Porto, I, 1959, pp. 245-249
"Os enredos dos rapaces", en O Ensino, núm. 1, Ourense, 1981.
"Os tempos son chegados", en Follas secas: información, creación e humor, Ourense, 1986.
"Otero Pedrayo e a antropoloxía", en Simposio Internacional de Antropoloxía, Santiago de Compostela, Novembro 1988. // Consello da cultura galega, pp.253-256, Santiago de Compostela, 1990.
"O tío galego", en La zarpa, 29 de Agosto 1930.
"Outra vez en col do noso idioma", en Heraldo de Galicia, Ourense, 3 de xuño 1935.
"O varapau", en O Correo do Porto, 10 de marzo de 1959.
"O viño" en Gaiteiro de Lugo, outono 1997-1998, p.61.
"Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular", en Encrucillada, 9, 1978, pp. 44-47.
"Ramboia" en Gallaecia núm. 7-8, pp.275-278, 1984. // Boletín auriense, Ano 12, T.12, 1982, pp.229-233.
"Recensión" a MittelEuropa (Impresiós d'unha vixe), en El Pueblo Gallego, Santiago, 1 de xaneiro 1935
"Resposta do académico numerario X. Lorenzo ao discurso lido en recepción pública de X. Taboada Chivite o 20 de novembro de 1965", Real Academia Galega, A Coruña, 1965, pp. 47-48.
"San Ginés de Francelos", en Cuadernos de estudios gallegos, T.5, Compostela, 1950, pp.345-391.
"Sant Jordi e Sant-Yago", en El eco de Santiago, 22 de abril 1933.
"Sobre algunos saludos en gallego", en Revista de Dialectología y Tradiciones populares. Homenaje a Vicente García de Diego, XXXII, Madrid, 1976, pp. 274-280.
"Sôbre arqueología do território dos Querquernos", en Revista de Guimarães, XLVIII, Guimarães, 1938, pp. 85-106.
"Sobre la rueda de Catoira", en Boletín Auriense, Museo Arqueológico Provicial, Ourense, 1973, pp. 173-175.
"Tesorillo protohistórico de Calvos de Randín", en Archivo español de arqueología, T.43, 1970, pp. 228-232.
"Tornos de Galicia", en Boletín Auriense, V, Ourense, 1975, pp. 87-90.
"Una lápida de la época sueva en Baños de Bande", en Museo de Pontevedra, T.6, 1951, pp.27-32.
"Una rueda fósil en Catoira (Galicia)", en Boletín Auriense, Ano I, T.I, Ourense, 1971, pp. 19-30.
"Unha casa do Castromao (Celanova)" en Boletín Auriense, Ano 10, T.10, 1980, pp. 203-210.
"Unha corna decorada" en Boletín auriense, Ano 11, T.11, 1981, pp. 129-133.
"Unha nova inscultura serpentiforme da citania de Troña", en Boletín da Real Academia Galega, A Coruña, 1957, pp. 217-222.
"Unha pedra-amuleto", en Boletín da Real Academia Galega, núm. 333-338, T.29, 1959, pp.24-27 // núm. 339-344, T.29, 1961, pp.294-295.
"Un intre de D. Ramón", en Outeiro, núm. 28, A Coruña, 1988, p. 57.
"Un petroglifo inédito de Troña", en Boletín de la Comisión de los Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XV, Ourense, 1945, pp. 22-24.
"Un propulsor de tipo popular", en Gallaecia, núm. 2, Ediciós do Castro, A Coruña, 1976, pp.281-282.
"Un romance impreso en León en 1548", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XVII, Ourense, 1950, pp. 119-130.
"Vellas artes de pesca no rio Miño", en Revista de Etnografia, XVI, Porto, 1966, pp 289-295 // Boletim Biblioteca Pública Municipal de Matosinhos, Volume 23, 1979, pp. 133-139.
"Vida espiritual", en Galicia (R. Rodríguez e R. Yzquierdo, eds.), Madrid, Anaya, 1982, pp. 407-443.
"Xaquín Lorenzo "Xocas", en Encrucillada, núm. 64, vol.13, setembro-outubro 1989, pp.390-393.
"Xaquín Lorenzo", en Raigame, núm. 9, decembro 1999, pp.46-55.
"Xesús Ferro Couselo", en Boletín da Real Academia Galega, LXXIII, A Coruña, 1980, pp. 477-481.
"Xesús Taboada Chivite", en Boletín Auriense. Homenaje a Xesús Taboada Chivite, Tomo VI, Ourense, 1976, pp. 11-16.