A RAG suspende os servizos presenciais ata o 17 de febreiro

26/01/21 |
O arquivo, a biblioteca e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán pechan as portas, de acordo coas medidas aprobadas para facer fronte á pandemia. Seguirán a atender as consultas dos usuarios de maneira telemática

Os colexios Saco e Arce, Marcos da Portela e Fernández Latorre gañan o concurso Contádenos o voso Día das Letras

19/01/21 |
Os tres centros premiados son unha mostra do esforzo que realizou a comunidade educativa para celebrar as Letras Galegas de Carballo Calero en plena pandemia

O epistolario cruzado de Carballo Calero e Otero Pedrayo, un diálogo entre dous grandes

15/01/21 |
A Academia reúne en 'Polos camiños das horas' as 167 cartas que os dous intelectuais intercambiaron entre 1949 e 1974. O volume foi presentado no Parlamento de Galicia, onde se conserva o arquivo do autor das Letras Galegas 2020. As misivas de Otero Pedrayo proceden da Fundación Penzol

O Dicionario pechou 2020 cunha media de máis de 105.000 buscas diarias

13/01/21 |
Entre xaneiro e decembro producíronse máis de 38.500.000 consultas, case un 50 % máis có ano anterior. As procuras disparáronse a partir do primeiro estado de alarma. A cifra máxima de consultas mensuais, 4.800.802, rexistrouse en maio

As palabras do ano distinguirán unha rúa de Lugo

8/01/21 |
O concello gravará no pavimento os termos elixidos dende 2014 por votación popular na iniciativa promovida polo Portal das Palabras

Sesenta anos de 'Memorias dun neno labrego'

7/01/21 |
A obra máis popular do académico Xosé Neira Vilas saíu do prelo por primeira vez o 5 de xaneiro de 1961. A historia, dedicada "a todos os nenos que falan galego", pode lerse en case vinte idiomas

'Nós', elixida Palabra do Ano 2020

28/12/20 |
A votación promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras proclama gañadora unha voz que é moito máis ca un pronome: designa a xeración que modernizou hai un século a cultura galega e hoxe tamén nos lembra que superar a pandemia require da implicación colectiva

A RAG dedicaralle as Letras Galegas 2021 a Xela Arias

22/12/20 |
A institución renderalle homenaxe a unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma, e recoñecerá tamén o seu papel como tradutora. A Academia tomou a decisión nun pleno en que foi ademais elixida académica de número Ana Isabel Boullón

O Clúster do Audiovisual premia a serie 'Conseguiremos' da RAG e a USC

20/12/20 |
O proxecto de Paula Quiroga, Lois Alcayde e Meritxell Álvarez foi distinguido no Pitching TFG, que recoñece os mellores traballos fin de grao das facultades de Comunicación

Os Premios Barbantia recoñecen a Clodio González

20/12/20 |
O académico correspondente recibiu un dos premios da Asociación Cultural Barbantia en recoñecemento a súa traxectoria. O historiador mantén un vínculo estreito coa comarca do Barbanza, onde coordina a editorial Toxosoutos
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete