Homenaxe a Xesús Alonso Montero no seu 90 aniversario

O auditorio Afundación de Vigo acollerá o sábado 1 de decembro, ás 12:00 horas, unha homenaxe a Xesús Alonso Montero co gallo do seu 90 aniversario. A Asociación Premios da Crítica de Galicia organiza esta celebración, na que colaboran as tres universidades, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega, institución da que é membro desde 1993 e que presidiu entre 2013 e 2017.

O acto no auditorio vigués de Afundación (rúa Policarpo Sanz, 24-26), de entrada libre ata completar capacidade, terá unha primeira parte de carácter literario e rematará coa proxección da película documenta Cidadán Alonso Montero, o mestre das palabras de Xan Leira. A xornada continuará cun xantar de irmandade. Máis información no teléfono 629 587 807 e en www.premiosdacritica.org.

A homenaxe terá lugar na mesma cidade onde Xesús Alonso Montero naceu o 28 de novembro de 1928 e onde reside. Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid e doutor pola de Salamanca coa tese Lengua y estilo de Curros Enríquez en su poesía gallega (1966), tras impartir docencia como catedrático de ensino secundario incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela, onde chegou a ser catedrático de Literatura Galega no ano 1991. A súa obra abrangue un amplo abano de temas que van desde a literatura á sociolingüística e á historia de Galicia.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar