Homenaxe a Antonio Fraguas no seu vixésimo cabodano

O cemiterio compostelán de Boisaca acolleu este martes unha homenaxe a Antonio Fraguas cadrando coa celebración do seu vixésimo cabodano. A Fundación Antonio Fraguas Fraguas, o padroado do Museo do Pobo Galego e a Asociación do Traxe Galego realizaron unha ofrenda floral ante a súa sepultura. O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, participou no acto en representación da institución.

Pilar Astray, presidenta da Asociación do Traxe Galego, intervén na homenaxe. Autor: C. González


No acto tomaron a palabra o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray; Avelino Martínez, sobriño do homenaxeado; e o presidente da RAG. Víctor F. Freixanes salientou que Antonio Fraguas segue vivo "na memoria de todos nós" tanto pola obra que deixou como polas súas calidades humanas. Este recordo, engadiu, intensificouse neste 2019 con motivo do Día das Letras Galegas que a Academia lle dedicou. Por último, o presidente da RAG agradeceulles aos organizadores da homenaxe todo o traballo realizado durante este ano para divulgar o legado de Antonio Fraguas.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 10 de decembro de 2019 / 18:30 h
Achegamento á literatura de Urbano Lugrís González
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h
Charla da campaña Toponimízate nas Neves
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h
Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén

Novas da Academia

Subscríbete