Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre retratan a María Victoria Moreno nunha biografía para o público máis novo

As académicas Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre son as autoras de María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, unha biografía sobre a protagonista do Día das Letras Galegas dirixida ao público máis novo. O obra acaba de saír do prelo na colección Merlín de Xerais.
Cuberta do libro

"Este libro é un acto de cariño no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno", salienta a editorial. O volume arrinca co relato apaixonante do que acontencía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que a escritora e profesora era socia, e segue o fío da súa traxectoria desde a infancia, os anos de formación académica e a súa chegada a Galicia en 1963 ata todo o que viría despois, a vida como escritora e docente e tamén a súa actitude valente ante o cancro que sufriu.

A obra achega o público máis novo a unha María Victoria namorada do ensino e dos animais -dúas paixóns presentes no seu legado literario-, e reconstrúe "con emoción toda unha vida de novela dedicada ao amor aos libros e a comunicar o pracer pola lectura en galego", engade Xerais.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar