Exalumnos de Fraguas visibilizan o legado do seu paso por Lugo

No ano 1950 o alumnado do Instituto Masculino de Lugo recibía un novo catedrático de Xeografía e Historia. Segundo se contaba "ás escura e en voz baixa", viña rehabilitado na súa profesión logo de ser depurado por ideas "revolucionarias". O novo docente, don Antonio Fraguas, presentóuselles dicindo que na aula os alumnos eran os importantes. "Nunca tal escoitaramos", lembra o empresario Xulián Parga no libro editado no marco d'Os nove anos de Fraguas en Lugo. Este é o nome do proxecto, promovido por amigos e antigos alumnos do profesor no centro educativo lugués co gallo do Día das Letras Galegas dedicado á súa figura.
Un momento da presentación do proxecto sobre os seus anos en Lugo. Fonte: A. Xiz


A iniciativa conta tamén cunha páxina web, https://fraguasenlugo.org/, que permite acceder ao volume de homenaxe a Fraguas con artigos sobre o seu legado durante os nove anos que viviu en Lugo e numerosos testemuños en primeira persoa de antigos alumnos que gardan un gran recordo del. Promovida, a través do Colectivo Egeria, por Manuel Regueiro Tenreiro, Antonio Prado Gómez, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, complétase cunha exposición itinerante que nestes momentos pode verse no primeiro instituto onde Fraguas ensinou tras a guerra civil, hoxe chamado IES Lucus Augusti. 

O centro educativo acolleu a pasada semana a presentación do proxecto. Durante o acto, impúxoselles o nome de Antonio Fraguas á biblioteca e ao arquivo do instituto e fíxose entrega dun retrato de Fraguas asinado polo pintor Manuel Romero.O académico de número Darío Xohán Cabana participou na celebración en representación da Real Academia Galega.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 27 de maio de 2019 / 18:00 h
Entrega dos premios do II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar