Convocatoria de dous contratos para realizar traballos de sociolingüística

CONVOCATORIA DE DOUS CONTRATOS PARA REALIZAR TRABALLOS DE SOCIOLINGÜÍSTICA NA REAL ACADEMIA GALEGA

A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para dous contratos de persoal técnico de sociolingüística, desde o 2 de xaneiro ata 31 de decembro de 2020, prorrogables por ata doce meses máis. As persoas contratadas colaborarán nos proxectos que está a desenvolver o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega.

Requisitos:
Contrato 1:

a) Licenciatura ou Grao en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa ou titulación equivalente.
b) Competencia demostrable en lingua galega oral e escrita.

Contrato 2:
a) Licenciatura ou Grao en Antropoloxía ou titulación equivalente.
b) Competencia demostrable en lingua galega oral e escrita.

Méritos específicos:
a) Experiencia acreditada na realización de traballos relacionados coa sociolingüística galega.
b) Experiencia acreditada na recolla e codificación de datos sociolingüísticos en Galicia.
c) Publicacións relacionadas coa sociolingüística.
d) Título de mestrado nas especialidades indicadas nos requisitos ou outras afíns.
e) Coñecementos de informática e experiencia en xestión de bases de datos, programas de codificación e análise de datos e procesadores de texto
f) Coñecemento acreditado doutras linguas.

Condicións:
Contrato 1: xornada completa (40 horas semanais)
Contrato 2: xornada parcial (25 horas semanais)

Remuneración:
Contrato 1: 1.100,00 € /mes
Contrato 2: 700,00 € /mes

Presentación de solicitudes:
As solicitudes deberanse presentar en papel, na secretaría da Real Academia Galega en horario de 09:00 horas a 14:00 horas de luns a venres, ou mediante envío postal dirixido a:
Secretaría
Real Academia Galega
Tabernas, 11
15001 A Coruña

Prazos:
21 – 31 de outubro de 2019: presentación de solicitudes.
5 de novembro de 2019: publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.
6 - 15 de novembro de 2019: presentación de reclamacións.
Este prazo tamén será válido para corrixir a documentación presentada, se é o caso.
18 de novembro de 2019: publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
22 de novembro de 2019: publicación da listaxe das persoas seleccionadas e convocatoria para a entrevista persoal.
25 de novembro de 2019: entrevista persoal.
Sede da RAG (Tabernas 11, A Coruña)
27 de novembro de 2019: publicación da listaxe de persoas seleccionadas para os contratos e substitutas, por orde de prelación
28 - 29 de novembro de 2019: presentación de reclamacións, que serán resoltas de xeito inapelable polo Presidente da RAG o día 2 de decembro de 2019.
11 de decembro de 2019: publicación da listaxe definitiva.

As convocatorias, listaxes e resolucións serán publicadas no sitio web da RAG, academia.gal

Composición da comisión avaliadora:
Presidencia: Un membro numerario da RAG
Secretaría: O secretario da RAG
Vogalías: Un membro do Seminario de Sociolingüística
Un/unha técnico/a da RAG especialista en sociolingüística
Un/unha profesional en exercicio
Un/unha representante do persoal laboral da RAG, con voz e sen voto

Instrucións para a entrega de documentación:
A documentación acreditativa dos requisitos e dos méritos acompañarase dunha copia do DNI ou pasaporte e dun resumo (máximo 1 folio) no que se farán constar de xeito claro e esquemático:
a) Os datos de identidade e contacto por esta orde: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, lugar de nacemento, número de teléfono, correo electrónico, enderezo postal
b) Relación de título(s) académico(s)
Relación de méritos alegados

Pode descargar as bases da convocatoria NESTA LIGAZÓN

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Venres 22 de novembro de 2019 / 19:30 h
Conmemoración do 70 aniversario da colección Benito Soto - Pontevedra
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete