A Deputación da Coruña apoia diversos proxectos da RAG para o estudo e promoción do idioma

A Deputación da Coruña apoia diversos proxectos da Real Academia Galega encamiñados ao estudo e promoción do idioma. O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, e a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, asinaron o acordo polo que a Deputación da Coruña achega 50.000 euros que se destinan, entre outras iniciativas, á celebración dos Cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras, por cuxas aulas pasan cada verán ducias de estudantes procedentes de todo o mundo para mergullárense no idioma do país.
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, conversan tras a sinatura do convenio


Ao abeiro deste convenio, a Deputación da Coruña apoia tamén a continuación do proxecto sobre prácticas lingüísticas na infancia en diferentes contextos de socialización, un traballo que está a desenvolver o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega. O proxecto Primavera das Letras, que fornece o alumnado de infantil e primaria de contidos lúdicos e didácticos arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, e diversas publicacións son outras das accións desenvolvidas pola Real Academia Galega que reciben financiamento da Deputación da Coruña.

O presidente da RAG agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña, que permite que a institución "continúe a desenvolver proxectos que teñen como obxectivo final cumprir coa responsabilidade da Academia de defender e promocionar a lingua e a cultura galegas". "Este convenio que acabamos de renovar incide ademais en dous aspectos que a RAG considera fundamentais: as persoas máis novas, nas que reside o futuro do idioma, e a súa proxección exterior", concluíu.

Pola súa banda, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, destacou o compromiso da institución "coa promoción e difusión da lingua galega, en especial nas xeracións máis novas, que son as que teñen que garantir e afortalar o camiño cara a normalización lingüística". Goretti Sanmartín destacou o proceso de perda de falantes entre as xeracións novas e fixo fincapé en programas como "O Galego a miña lingua propia" da Deputación da Coruña, que convida a mozas e mozos a empregar a nosa lingua con normalidade.
 

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 23 de outubro de 2018 / 19:00 h
Conferencia de Carlos Núñez: O éxito da "marca celta" e a súa profundidade
Mércores 24 de outubro de 2018 / 19:00 h
Presentación do novo número da revista da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar