A Academia elixe este sábado a figura protagonista do Día das Letras Galegas de 2020

Mañá sábado, 22 de xuño, terá lugar a xuntanza ordinaria do Pleno da Real Academia Galega no transcurso da cal está prevista a elección da figura á que se dedicará o Día das Letras Galegas de 2020. Finalizado o prazo de presentación de propostas, o único candidato, de conformidade coa normativa da institución, é don Ricardo Carballo Calero.

Tras a reunión do Pleno, atenderanse os medios de comunicación en rolda de prensa.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete