Autorretrato do poeta
Foi despois da súa morte cando algúns dos seus amigos xuntaron as súas composicións líricas nun Cartafol do que só se editaron cen exemplares, e no que se poden apreciar as pegadas dos outros dous grandes poetas vangardistas galegos da época: Manuel Antonio e Amado Carballo.
En palabras de Marino Dónega, "Morgade tamén foi un precursor. Nin utilizaba a gravata, nin ataba os cordóns dos zapatos, a pesar de non existiren daquela os mocasíns". (X.M. Lema, 2010)
Hoxe cúmprese o recital monótono que nos viña anunciando
o vento no esceario repetido do mesmo ceo unicolor
–chumbo-, e das mesmas laixas molladas veñen soando
nun pizicatto sostido as outas notas i as baixas acompasadas
dalgunha golada discipriñada. I así entra toda
pedra en escea, esvaída de contornos, marcando xustamente
a creación da saudade. I a fuxida de cristales
vivos era o siñal de todo.
Cando o trapo da noite cáia continuará o concerto coa máis
monótona canzón de berce.
Cartafol (El Ideal Gallego, 1963)