O académico Francisco Fernández Rei, autor do limiar; o concelleiro de Cultura, Liso González; e Pitusa Vidal Cabanillas, neta do poeta, acompañaron o tradutor na presentación, que se celebrou en Cambados, na sala que leva o nome dela.
A versión xaponesa de Samos é unha contribución máis de Takekazu Asaka á difusión internacional da obra de Cabanillas. Con anterioridade levou ao prelo Cantata a Ramón Cabanillas (2011), a súa primeira tradución en verso do académico e protagonista do Día das Letras Galegas de 1976, convertida dous anos despois nun libro-cedé no que pianista Rika Nishikawa e a soprano Miho Haga musicaron unha escolma dos seus versos; e A rosa de cen follas. Breviario dun amor (2019).