A académica correspondente Luz Méndez aborda as distintas hipóteses sobre o nome do termo municipal pontevedrés de Agolada; o académico de número Gonzalo Navaza detense no de Balaídos neste ano do centenario do Celta de Vigo; o académico correspondente Xosé María Lema conduce o episodio sobre a parroquia de Cereixo, no concello de Vimianzo; Óscar Castro achégase a Chamoso, nome dun río e dunha parroquia do Corgo; o académico correspondente Antón Palacio fala de Eiré, topónimo único no Nomenclátor de Galicia que designa unha das parroquias de Pantón; a historia do nome de Moeche é rescatada pola académica de número Ana Boullón; Iván Méndez percorre a do Orzán; o coordinador do Seminario, o académico de número Antón Santamarina, continúa a súa ruta polos concellos do Camiño Francés, desta volta con parada en Palas de Rei; e o coordinador da unidade técnica de toponimia, Vicente Feijoo, dedícalle un episodio ao concello ourensán de Vilariño de Conso.
A serie 'O Seminario de Onomástica responde' aborda nove topónimos máis de todo o país
A última tempada da serie audiovisual O Seminario de Onomástica responde xa pode verse na canle de Youtube da Real Academia Galega e na sección de vídeos desta páxina web. Seis membros de número da institución e os tres filólogos da unidade técnica de toponimia da RAG explican a orixe e o significado de Agolada, Balaídos, Cereixo, Chamoso, Eiré, Moeche, O Orzán, Palas de Rei e Vilariño de Conso.