O presidente da RAG reúnese coa Mesa pola Normalización Lingüística

O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, recibiu esta mañá na sede temporal da institución o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. Na reunión, enmarcada na rolda de contactos que está a manter a nova executiva da Academia con distintas institucións e entidades, tamén participaron a secretaria da Real Academia Galega, Ana Boullón, e a secretaria xeral da Mesa, Celia Armas.

A situación do galego e o actual contexto de negociación dun pacto pola lingua foron a cerna da xuntanza. Ambas as partes coincidiron na preocupación pola grave situación do idioma e na necesidade de poñer en práctica unha política activa de recuperación do galego.

Pola esquerda, Henrique Monteagudo, Ana Boullón, Celia Armas e Marcos Maceira. Fonte: RAG