'La lavandera nocturna', romance popular recollido por Víctor Said Armesto

En 1997, a Fundación Barrié de la Maza publicaba Poesía popular gallega, un volume no que recollía unha colectánea de baladas, romances e cancións tiradas do arquivo persoal de Víctor Said Armesto.
Mulleres lavando roupa no río
Mulleres lavando roupa no río (Arquivo RAG)


Seguindo o exemplo dos seus mentores intelectuais, Casto Sampedro y Folgar e Manuel Murguía, a pescuda etnográfica foi unha das principais liñas de traballo desenvolvida por Víctor Said Armesto (1871-1914), quen recolleu, en varias viaxes por Galicia, numerosas coplas e romances populares como o que reproducimos máis abaixo.

La lavandera nocturna
Era unha noite de lúa, era n'unha noite crara.
Eu pasaba pó-lo río de volta da muiñada.
Topei unha lavandeira que lavaba ó par da y-agoa,
ela lavaba no río y unha cantiga cantaba:
-"Moza que ves do muíño, moza que vas po-la estrada
axúdame a [re]torcer miña sábana lavada".-
-"Santa María te axude, e San Lourenzo te valla"-
Desparece a lavandeira como fumeira espallada
ond'as sábanas tendera poza de sangue deixaba.
Era unha noite de lúa, era n'unha noite crara.

Cerdedo (Pontevedra)
Lucía Domínguez, 68 años, mendiga -1904.

O libro inclúe, así mesmo, un limiar introdutorio de Domingo García-Sabell e o mapa de Galicia no que Said Armesto debuxou en vermello as súas viaxes na procura de coplas e romances populares.

Mapa de Galicia coas viaxes por Galicia de Said Armesto
Mapa de Galicia coas viaxes por Galicia de Said Armesto